O deseño gráfico e a creatividade coas Yarza Twins

Hoxe tivemos un Encontro no Cañada do máis interesante, coas viguesas Eva e Marta Yarza, dúas xemelgas fundadoras dun exitoso estudio propio de deseño gráfico en Londres, Yarza Twins, multipremiado por varias das súas campañas.

Os nosos rapaces de 3º e 4º ESO estiveron inquisitivos:

🧐 Como pasaron de protagonizar unha pequena campaña contra o derrubamento da Panificadora de Vigo a triunfar artística e empresarialmente en Londres?

🧐 Como acabaron traballando para grandes empresas como Adidas, Converse, Smirnoff, HP ou a MTV?

🧐 Como fixeron para levar o deseño de campañas tan importantes como Planeta Cíes, unha parte das accións do Concello de Vigo para promover a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade?

💻 Se vós tamén queredes saber algo delas, non deixedes de entrar na súa magnífica web e gozar co seu traballo: yarzatwins.com

Deixa un comentario

*