Yessi Bello fálanos de tecnoxornalismo e intelixencia artificial

Esta mañá recibimos no Cañada a Yessi Bello Pérez, o que nos fixo especial ilusión ao se tratar dunha antiga alumna desta escola.

Yessi é unha conferenciante experimentada en eventos relacionados coa tecnoloxía e traballa como xornalista en publicacións especializadas nesta industria, como CoinDesk ou actualmente UKTN. Falou cos alumnos de galego de 3º e 4º da ESO de innovación tecnolóxica, intelixencia artificial, negocio, capital de risco e medios. Ao longo da mañá explicounos dunha maneira sinxela conceptos como bitcoin, blockchain criptomoedas.

Tamén nos falou dos seus comezos, facendo xornalismo de sociedade e tendencias en revistas como Cosmopolitan, Hello ou o Time Out, e de como se decatou de que iso non a enchía e decidiu probar campos novos como o da tecnoloxía.

 

 

Deixa un comentario

*