O próximo domingo 7 de novembro teremos a ocasión de escoitar poesía galega e en galego na capital británica. Co gallo do Poetry International 2010 teremos a ocasión de escoitar a unha das voces máis relevantes da poesía galega contemporánea: Yolanda Castaño. A autora de Delicia, Vivimos no ciclo das Erofanías, Edénica, O libro da egoísta ou Profundidade de campo estará ás 7 da tarde en St. Paul’s Pavilion en Southbank Centre
E queredes saber o que le?