12-12-2012: Recitando Celso Emilio, en Londres

Dende o IE Cañada Blanch de Londres tamén quixemos unirnos á iniciativa da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingúística que propuxo que no día de hoxe ás 12 horas calquera colectivo recitase o simbólico e emblemático poema de Celso Emilio “Deitado frente ao mar” como homenaxe ao escritor celanovés no seu centenario. Daquela ofrecémosvos dous actos. O primeiro con parte do alumnado de galego en Londres que quixeron sumarse á iniciativa e que nolo ofrecen en versión bilingüe:

E o segundo, nas voces do alumnado de 3ºESO a quen xa coñecedes polo vídeo, tamén homenaxe a Celso Emilio, Portobello, porque me peta! e tamén por algunhas dos video-poemas que podedes consultar aquí.

1 comentario en “12-12-2012: Recitando Celso Emilio, en Londres”

  1. Desde este outro lado do mar, envíamosvos ducias de Parabéns. Queremos que cheguen para toda a comunidade: para vós, mozas e mozos; para o voso profesorado; e tamén para as vosas familias.
    Estas imaxes fan que sintamos moi fortalecido o vínculo que nos une, salvando a distancia.

    Responder

Deixa un comentario

*