O primeiro día de curso nunca é sinxelo. E encima nun recuncho de aula que nos tocou. Daquela non hai mellor cousa que decorala aínda que os medios sexan máis ben escasos. Uns post-its, uns rotuladores e sobre todo moita ilusión en todos estes rapaces e mais rapazas que comezan os seus estudos de secundaria e ao mesmo tempo os seus estudos de galego. Son tan só dúas horas á semana pero estou seguro que imos aprender moito.
O grupo é moi heteroxéneo: dende unha ampla representación da Costa da Morte (Malpica, Carnota, Camariñas, …) ata tinerfeños e outros da outra banda do Atlántico.
Bienvenidos al nuevo curso.
Los chic@s de Infantil estaremos encantados si nos contáis algún cuento en gallego o nos cantáis alguna canción tradicional de las abuelas o …
A cambio, os dejamos materiales bonitos y papeles y rotuladores y brillantinas…
Ola !
Veño de coñecer o voso blogue . Estou moi contenta de que aprendades o galego en Londres e de que teñades tantos compañeiros galegos . Eu tamén son galega ainda que profesora de francés .
Unha grande aperta .