Martiño Rivas no Cañada: palabra de galego

3 de novembro de 2010. Doce da mañá. O alumnado de galego de 1º e 2º da ESO do  IE Cañada Blanch agardaba na aula a súa clase de galego dos mércores. María, alumna de galego de Bacharelato, lévalles un aviso: debedes baixar ao salón de actos; a conferencia que iades ter mañá sobre xenética molecular houbo que adiantala. Baixan ao salón de actos. Sorpresa: agardábaos o esperado Martiño Rivas. Era unha promesa de principio de curso feita realidade. Martiño faloulles da súa traxectoria persoal: dos seus estudos  de saxofón no conservatorio, do curso de 3º da ESO que realizou no propio Cañada Blanch  e tamén dos seus estudos de Comuniación Audiovisual na universidade de Compostela. E por suposto da súa faceta profesional: das series e dos filmes nos que traballou e que o confirman como un dos actores novos máis relevantes do momento. Amais estivo moi amable e verdadeiramente cariñoso con todos nós; asinou centos de autógrafos e os que lle quedaron para outra ocasión. Daquela xa sabes onde estamos. Moitas grazas, Martiño. E grazas Laura polas fotos.

1 comentario en “Martiño Rivas no Cañada: palabra de galego”

Deixa un comentario

*