O hóbbit

O libro que eu escollín chámase O hobbit. Trata das aventuras de Bilbo Bulseiro, que como podedes imaxinar polo título do libro é un hobbit, ou en outras palabras un mediano, aínda que se queredes a miña opinión é máis ben un gnomo de xardín, porque os ananos (si, tamén temos ananos, magos trasgos, e ata elfos neste relato) son máis grandes ca el. Bilbo comeza sendo un hobbit coma outro calquera relaxado, come varias veces  ó día e non lles gusta saír moi lonxe da súa casa. Hai que decir que non che son moi aventureiros por natureza.
As peripecias do noso protagonista comezan cando o mago Gandalf aparece pola porta de Bilbo mentres este descansaba, e fumaba da súa longa pipa de tabaco. Gandalf pregunta se sabe de algunha persoa, ou hobbit que queira embarcarse nunha aventura con el ás terras moi distantes, onde podería encontrar grandes tesouros. Despois dunha pequena charla Bilbo invita ó mago (si, Gandalf é un mago) tomar o té da tarde. Mentres espera a Gandalf, van chegando invitados inesperados, os ananos. Despois de cear coma porcos, e de maquinar un plan de como atopar o tesouro, gardado por un dragón, Bilbo e os seus acompañantes terán que viaxar por terras moi perigosas e infestadas de trasgos, e trols (onde conseguirá unha espada que se volve azul cande hai trasgos cerca).
Tras encontrar o tesouro e escapar dos trasgos que había na caverna, Bilbo consegiu saír axudado pola criatura Gollum, un ser horripilante que tiña unha dobre personalidade. Tras saír conseguiu atopar de novo os seus compañeiros, pero desafortunadamente Bilbo volveuse a meter noutra caverna pero esta vez á saída non ìa ter tanta sorte porque había de aparecer en medio da batalla dos cinco exércitos. Despois da batalla Bilbo regresa á casa onde volvería cos tesouros que atopou na súa viaxe e viviría tranquilo durante un tempo.
O libro está moi ben escrito e é un libro que merece a pena lelo.

Doulle unha nota de 8/10

J.R.R. Tolkien, naceu en 1892, combateu na Pirmeira Guerra Mundial, e anque  máis coñecido por escribir os libros de O Señor dos Aneis, pero o libro de O Hobbit e o primeiro desta saga,

Para máis informacion sobre esta autor pulsar aqui

Deixa un comentario

*