Proxecto Pomba Dourada

O libro Proxecto pomba dourada trata dun día no que Arno chega á casa e encóntrase cos corpos dos seus pais mortos. Deixáronlle unha mensaxe no ordenador: temían ser asasinados por ter descuberto unha rede de información que controla todos os ordenadores e coñece os seus traballos nun programa para desactivala. Arno ten que marchar para Fisterra e buscar o Mestre Cego, con axuda de Merlin, un anel que ao frotalo fala con Arno e contén os datos do programa “Pomba Dourada”. Cando empeza a súa viaxe descubre o mundo fóra da cidade dos “borrallas”. Estes eran uns homes semisalvaxes que só se alimentaban de lixo das ciudades, impiden a outras persoas entrar e só poden entrar homes sans.
Tras esta viaxe, Arno encóntrase con persoas que lle axudan, un xigante chamado Imaz que era mudo, unha xoven, Gwendaill e Arturo. Estas persoas recollen a Arno cando estaba a punto de tirarse dun ferrocosteiro cando estaba en marcha debido a que estaba fuxindo da policía e un home misterioso estaba seguíndoo.
O perseguidor de Arno, consegue capturalo e con descargas eléctricas pretende que Arno lle fale do programa informático.  Gwendaill chega a tempo a rescatalo e Merlín foi quen o guiou ata chegar a Arno. Aínda non estaban libres completamente porque uns piratas que traficaban con videos musicais estaban perseguíndoos pero Lesoto, o policía chega e detén aos piratas. Arno chega a Fisterra, e o Mestre Cego explicalle que o proxecto “Pomba Dourada” necesitará anos. O que máis aprendiu Arno da súa longa viaxe foi que o máis valioso  é o camiño.

Deixa un comentario

*