Un dos agasallos máis fermosos a nosa biblioteca puido recibir foi unha boa morea de libros en galego da biblioteca persoal de Xelís de Toro. Trouxémolos dende Brighton onde mora e en Londres o alumnado de galego de Secundaria apadriñámolos ou amadriñámolos segundo o caso. Pareceunos unha fermosa maneira tamén de deixar a nosa pegada. Grazas mil Xelís.
Que magnífica iniciativa! Os títulos que aparecen son moi interesantes, a idea de recibir doazóns de libros tamén. Creo que na biblioteca do noso centro aínda non se fixo nada parecido. Con tempo e unha cana acabaremos facendo de todo. Un saúdo para todos dende o IES República Oriental do Uruguai.