Máis cine galego en Londres: curtas

En entradas anteriores demos conta das longametraxes galegas que este ano se proxectaban no London Spanish Film Festival. Pero a presenza galega no festival é maior pois, amais de destacados papeis de actores galegos como L. Tosar en Lope, También la lluvia e Os Crebinski ou Mario Casas e Miguel de Lira, entre outros, tamén se proxectarán as curtas Last will: Portrait do compostelán Breixo Viejo (imaxe tirada do seu blogue) e a de animación Neighbours de Iria López, ambos os dous instalados en Londres. Neste caso serán mañá 4 de outubro ás 18:15h en Rich Mix Cinema in Bethnal Green.

Ante isto só cabe preguntarse por que razón non se propuxo por parte do devandito festival un ciclo de cine galego; pola contra, si atopamos unha “ventá” ao cine catalán e outra ao vasco.

Deixa un comentario

*