5 comentarios en “A nosa felicitación: de Londres para o mundo”

  1. FELICIDADES a vós tamén, artistas, que facedes de cada día unha sorpresa, un reto, un sorriso. Grazas a vós por regalarnos as vosas creacións, as vosas ocurrencias, as vosas anécdotas, por compartir con nós o voso crecer como personas..e como extraordinarios galegos e galegas! Onde quiera que esteamos, sempre haberá algo que nos fai sentir xuntos: a nosa língua. GRAZAS profe, grazas XAIME pola túa xenerosisima adicación a eles, a nós, a GALIZA!

    Responder
  2. Eu veño de pasar estes dias sinalados do Nadal en Londres, coa miña familia galego – londinense e sobriños, por tanto, tamén da mesma "dupla nacionalidade".
    Parabéns para este galego agolense, Xaime Varela, polo seu esforzo en manter esa chama da galeguidade alén das nosas fronteiras

    Responder
  3. Que o ano manteña a ilusión e os azos para seguirdes realizando este extraordinario labor. Parabéns aos alumnos e parabéns ao profesor dos que moitos e moitas aprendemos cada día.
    Unha aperta inmensa dende Curtis.

    Responder

Deixa un comentario

*