photo foto_Xos_Miguelez.jpg

Jazz galego en Londres: Xosé Miguélez

Os amantes do jazz temos nos próximos días en Londres unha estupenda oportunidade de desfrutar cun dos mellores músicos da escena galega: o saxo tenor Xosé Miguélez. Formado entre Galicia e portugal acabou facendo un máster na Guildhall School desta cidade á que agora, despois de moitos concertos, horas de ensino  e de tocar con afamados artistas, regresa.
Neste caso terás dúas actuacións na cidade. A primeira, o vindeiro domingo 25 de marzo tocará con Gabriel Latchin ao piano, Steve Brown, batería e Tom Farmer no baixo dentro do programa Sunday Jazz Evening no Christopher’s de Covent Garden. A partir das 18h30, tres pases e entrada libre, polo menos ao bar se ben se recomeda reservar.
E o martes 27 de marzo ás 15h30 estará xunto co pianista Gabriel Latchin no Cañada Blanch de Londres ofrecendo un concerto didáctico en gaolego para todo o alumnado de Bach do centro. Unha sorte poder escoitalo.

Deixa un comentario

*