Tamén se fala en Londres de historia en galego

O vindeiro martes 8 de maio acompañaranos a profesora Rosa Vidal da Queen Mary University de Londres para falarnos do que foi e é o seu tema de investigación: a violencia na Idade Media. En tanto que unha das grandes medievalistas de UK, compaxina o seu labor docente co de dirección  Medieval Hispanic Research Seminar e tamén é a editora xeral de Papers of the Medieval Hispanic Research Seminar. É autora ademais de diversas publicacións sobre o tema medieval. Daquela unha boa ocasión para achegarnos a este período tan importante na historia de Galicia da man dunha das mellores especialistas do Reino Unido. E en galego, claro está. E aquí as tres preguntas de rigor despois da conferencia:

Deixa un comentario

*