Ugía Pedreira & Fred Martins preséntannos Acrobata

O xoves teremos o pracer de escoitar no IE Cañada Blanch de Londres a dúas figuras da música galega, Ugía Pedreira e da música brasileira (MPB) Fred Martins. Da unión destes dous artistas, da unión da música popular galega (MPG) e da música popular brasileira (MPB) xorde o disco Acrobata que teremos oportunidade de escoitar ao vivo no salón de actos do instituto. Ugía Pedreira é unha das artistas con maior sona no panorama musical galego conteporáneo ao formar parte de proxectos tan destacados e imprescindibles como Nordestin@s ou Marful. Pola súa banda, Fred Martins ten gravados catro discos como autor e compositor e as súas cancións foron gravadas tamén por artistas como Maria Rita, Célia Duncan ou Ney Matogrosso. Daquela preparémonos para desfrutar dunha sesión musical pola que o carrán, ese paxaro acrobata do ar e cheo de luz nos levará dende as costas galegas ata as brasileiras.

Deixa un comentario

*