Laura Sáez: unha contadora con patas de peixe en Londres

Mañá ás 13: 20 Laura Sáez, máis coñecida polo seu magnífico traballo como lectora de galego no Queen’s College de Oxford, amosaranos outra cara do seu polifacetismo: como contadora de historias. Daquela ás 13h20, a creadora da editora Patas de Peixe, fará unha contada en galego para o alumnado de Educación Infantil que estuda no instituto español Cañada Blanch de Londres

E ás 15h30 repetirá contada para o alumnado de Primaria que estuda galego e tamén para quen estuda portugués. Daquela, hai mellor xeito de pechar este curso? E na foto, cun futuro contacontos xa coñecido, Brian.

1 comentario en “Laura Sáez: unha contadora con patas de peixe en Londres”

Deixa un comentario

*