Mañá, día Tosar en Londres: conferencia no Cañada

Mañá 3 de outubro un grupo de alumnas e alumnos do Cañada terá o privilexio, se non hai inconvenientes de última hora, de entrevistar ao actor Luís Tosar que presenta Mientras duermes no London Spanish Film Festival. Pero, antes e para irmos ben preparadas/os, teremos na aula unha conferencia sobre a filmografía deste actor lugués a cargo de Ánxeles Torres, profesora de galego da Universidade de Bangor e especialista en cine. Todo un luxo para o día de mañá.
E aquí vos deixamos unha secuencia dunha conferencia maxistral que moito nos serviu para a posterior entrevista a Tosar:

Deixa un comentario

*