Música de Galicia en Londres para datas vindeiras

Para poñer un pouco de orde nos próximos acontecementos musicais que  dende Galicia chegarán ata Londres, decidimos elaborar esta entrada:

Novembro 
  • Dentro do programa Spain Now terá lugar en Londres na The Soho Gallery o festival 981 Heritage. Nesta ocasión asistiremos a batallas de DJ galegos e británicos ou residentes en UK. E de balde pero é necesario mandar un mail de inscrición a 981@spain-now.org.uk

Mércores 21 de novembro a partir das 19h: Cooly G. vs Mwëslee (Vigo)
Venres 23 de novembro a partir das 19h: Marcus Nasty vs. David M (A Coruña).
Sábado 24 de novembro a partir das 19h: Dorian Concept vs. Judah (A Coruña).

  • Daniel Mouriño, boirense e guitarrista da banda inglesa Kolo, estrenan traballo Earthquake

Sábado 24 de novembro ás 18h: Concerto de Kolo na sala Cargo London.

  • Paloma Trigás é unha viguesa virtuosa do violín. Despois de grabar con The Chieftains, Carlos Núñez, Sharon Shannon ou os Rolling Stones, presenta en Londres o último traballo coa formación The Urban Folk Quartet.

Venres 30 de novembro ás 8 da tarde: The Urban Folk Quartet no Kings Place (Londres).

Decembro

Sábado 15 de decembro ás 19h: The Stamp Collective (con Paloma Trigás) en The Forge, Camden

Febreiro 2013

Venres 1 de febreiro ás 19h30:  Carlos Núñez + Philip Pickett no Queen Elisabeth Hall (Londres).

Sábado 2 de febreiro ás 22h: Iván Ferreiro na sala Scala de Londres.

  • Os míticos Los Suaves de Ourense, por fin, en Londres.

Sábado 9 de febreiro ás 19h: Los Suaves na sala O2 Islington Academy.

Deixa un comentario

*