Mañá o alumnado de 1º e 2º da ESO terá a posibilidade de compartir unha hora de clase cun músico profesional, especialista en tuba e noutros instrumentos de vento, David G. Camino. Falaranos dese instrumento, dos seus segredos e, ben seguro, escoitaremos tamén máis dunha melodía.