Viaxamos ao interior da mente con Xurxo Mariño, en Londres

Mañá 5 de decembro as aulas do Cañada Blanch acollerán a conferencia ” Unha viaxe á máquina da mente” do neurocientífico e profesor da Universidade de Coruña, Xurxo Mariño.Sen dúbida, será unha oportunidade excelente para escoitar unha vez máis á principal voz da divulgación de temas científicos e tecnolóxicos que existe en Galicia. A este respecto obras como Os dados do reloxeiro ou Po de estrelas, que podedes ler aquí, son xa obras referenciais no xénero. Do mesmo xeito os artigos que semanalmente van aparecendo no seu ADN (Apuntes do natural) da web culturagalega.org.
Pero a súa faceta divulgativa non se detén exclusivamente no plano literario. Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza son os creadores dese tipo de espectáculo chamado discurshow para o que xa crearon Matarratos Darwin e Protón e na que combinan de xeito atinado divulgación científica, rigor e entretemento. E ademais de participar en numerosas conferencias, cafés-teatro científicos e charlas sobre divulgación científica por todo o país, é colaborador habitual de programas de ciencia na televisión como o de Conexións da TVG.
E agora teremos a gran fortuna de escoitalo falar de ciencia en Londres, en galego. No instituto español Cañada Blanch.
E agora a microentrevista e unha sorpresa final: Xurxo Mariño recitando “Non” de Celso Emilio no último mes do ano Celso Emilio:

Deixa un comentario

*