Fon Román, o músico vigués, en Londres, en galego

Mañá 30 de febreiro as aulas de galego do IE Cañada Blanch de Londres recibirán a un músico de excepción: o vigués Fon Román. Guitarrista e cantante comezou coa famosa banda viguesa Los Piratas ata a súa disolución. Deseguido iniciou un proxecto de música experimental con Suso Saiz chamado Trash of Dreams. E finalmente apareceu na escena en solitario con dous discos moi ben acollidos pola crítica: Silencio cómodo en un jardín descuidado e o último Entretelas. E amais da súa apaixoante carreira musica, mañá saberemos máis do seu proxecto documental POPartesanal, que recollerá parte da súa singular xira realizada na primavera pasada. Daquela mañá saberemos de primeira man cara onde vai a música en Galicia da man dun dos seus nomes principais.

Deixa un comentario

*