De amigos, dos falsos.

Mañá o alumnado de 1º e 2º da ESO terá unha visita filolóxica. Estará na aula Gise Tomé, filóloga inglesa da UDC que, nos últimos dous anos estivo a realizar un mestrado de Fonética na UCL. Desta volta imos ver que cantidade de falsos amigos comeza a recoñecer o noso alumnado, polo menos o que atenda, perdón, asista, mañá ás aulas.

1 comentario en “De amigos, dos falsos.”

  1. Que ledicia saber que a nosa lingua viaxa máis aló das nosas fronteiras da man de xente como Gisela. Aos alumnos de 1º e 2º ESO que ides ter a oportunidade de estar con esta filóloga, gozade do bo rato que vos vai facer pasar cos "falsos amigos"! Dende a Galiza, a profe de galego que tantos bos momentos compartiu con ela. Saúdos!

    Responder

Deixa un comentario

*