Tatuaxes en Londres, en galego

Mañá 3 de outubro o moi alumnado que estuda galego en 3ºESO no IE Cañada Blanch recibirá unha visita moi especial: Héctor Fernandes deseñador gráfico e tatuador en Londres. O título do acto responde, sen dúbida, á curiosidade que vai espertar entre a rapazada máis nova que lle poderán preguntar todas as dúbidas que lle xurdan ao respecto. Se queredes saber máis info sobre estoutro artista galego en Londres, non tedes máis que ver a súa obra e o seu traballo no no seu blogue Raiba Tatoo.

Deixa un comentario

*