Encontro co pianista Manuel López Jorge

Mañá na aula de galego de 1ºESO teremos un pianista e compositor de excepción: o compostelán Manuel López Jorge. Daquela agardámolo este martes para que nos fale da súa carreira musical, dos numerosos premios que leva conseguidos ou dos múltiples lugares nos que ten actuado. E amais tamén esperamos que nos agasalle con algunha peza do seu repertorio pois teremos que darlle uso ao piano que temos na aula. Sen dúbida, un luxo.

E desfrutade agora coa entrevista de Andrea e con parte da peza “Almería” de Albéniz. Un luxo

Deixa un comentario

*