Lendo a Neira Vilas en Londres

Hoxe o alumnado de 3º da ESO tivo un día moi especial. Traballamos cunha unidade didáctica ao redor do fragmento “América” de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Foi moi emocionante compartila cun alumnado que tamén é froito dela. E de xeito case espontáneo decidimos gravar a lectura dese fragmento que tanto lles gustou malia que as condicións técnicas non eran as mellores. Moitas grazas rapazas e rapaces polo día de hoxe.

1 comentario en “Lendo a Neira Vilas en Londres”

Deixa un comentario

*