Antas, Stonehenge e guerreiros de terracota, en Londres, en galego

Mañá o alumnado de 3ESO terá o pracer de escoitar a un arqueólogo ourensán, formado na USC e agora impartindo maxisterio na UCL de Londres sobre tecnoloxía e análise de materiais arqueolóxicos: Marcos Martinón Torres. Os seus puntos de interese son o megalitismo galego, a arqueoloxía indíxena americana e tamén a da época dos famosos guerreiros de terracota chineses. Aquí podedes velo nun video sobre este tema. Mañá impartirá outra clase maxistral, iso si, a rapaces de secundaria e en galego.

Deixa un comentario

*