Obradoiro de contos, en galego, en Londres

Mañá 7 de novembro na aula de galego de 1ESO en Londres realizaremos un obradoiro de creación literaria impartido pola xornalista e escritora luguesa Alejandra Eiras que está na capital do Támesis preparando un libro de contos en galego e inglés. Entre tanto podemos ir desfrutando das pingas que nos deixa no seu blog Poemas en Ravenslea Road.
E velaquí a primeira microentrevista de Brian, un londoner de Mazaricos de 12 anos.

Deixa un comentario

*