Obradoiro musical en Londres: Mano Panforreteiro

Hoxe 3 de decembro o alumnado de galego de 1ESO en Londres tivemos a oportuidade de realizar un obradoiro musical de gran altura grazas á colaboración e presenza na nosas aulas do mariñán, instalado en Londres, Mano Panforreteiro. Entre as súas actividades profesionais, este músico organiza un mércores ao mes un xa famoso serán en Oxford na St James Tavern.
A sesión á que asistimos hoxe foi un luxo xa que o alumnado participou activamente no coñecemento non só de moitos instrumentos musicais tradicionais galegos senón tamén dos seus ritmos. Velaquí unha pequena mostra fotográfica. Moitas grazas.

Deixa un comentario

*