Andrés Suárez: en galego, en Londres

O cantautor ferrolán Andrés Suárez estivo connosco o 25 de febreiro, unhas horas antes de abrir o concerto de Pablo Milanés no Barbicán. Foi marabilloso pode escoitar varias cancións do seu novo disco Moraima coas que nos agasallou usando sóa a súa potente e fermosa voz e mais a guitarra. E, como era amais o día despois do 24 de febreiro, fixo unha fermosa interpretación da Negra Sombra. Deixámosvos cun pequeno vídeo-resumo do que foi o acto que inclúe amais a entrevista de Stanley. Mil grazas.

Deixa un comentario

*