Curtas galegas en Londres: Galicia. Portobello road + Curricán

Onte 5 de febreiro ás 19h un gran evento produciuse no IE Cañada Blanch de Londres: o estreno da curta Galicia. Portobello Road da londoner de Vigo Adriana Páramo e mais Curricán do londoner de Vigo, Álvaro Gago. E despois tivemos un coloquio cos dous directores e con Inma Gil, unha xornalista londoner de Vigo que traballa na BBC e Nico Casal, outro londoner de Compostela, e compositor da música de Curricán. E despois acabamos onde se localizou a curta de Adriana Páramo, o Galicia. Aquí vos deixamos un vídeo homenaxe ao centenar que, desafiando o frío londiniense, acudiste a esta chamada do cine galego en Londres.

Deixa un comentario

*