A viaxe da lingua 2015: 13-17 de maio.

Este mércores 13 de maio comezaremos a nosa xa tradicional “Viaxe da Lingua” que, un ano máis, nos levará de Londres a Galicia. Este ano o grupo acada xa o número de 25 rapazas e rapaces. E a ver que vos parece o itinerario que preparamos: Lorbé, O Castro, Betanzos, Compostela, Vigo e as Illas Cíes e Ourense e a Ribeira Sacra.
Pero esta viaxe non sería posible sen as institucións e empresas que quixeron colaborar con este proxecto: a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Secretaría Xeral de emigración, Centro Galego de Londres, Turismo do Concello de Vigo, telefonía R, Gadis, Restaurante Galicia de Portobello e Grupo La plaza, Vojo way e Viajarporescocia.com. Grazas polo voso esforzo e xenerosidade.
Deixámosvos cun pequeno vídeo deses 5 días tan intensos.

Deixa un comentario

*