Uxía + Narf, connosco

uxiaEsta semana teremos a sorte de recibir na illa a dous dos grandes artistas galegos: Uxía e Narf (Fran Pérez) presentando o seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria. E grazas ao proxecto “Unha artista na escola” de Educabarrié o alumnado de galego do IE Cañada Blanch de Londres poderá gozar da súa música e da súa presenza mañá martes ás 12h55.

E o mércores, xa para quen queira achegarse, tocarán na capela de All Saints Home no 83 de Margaret Street ás 19h, evento no que colabora a app Vojo way. E continuarán o percorrido o xoves en Brighton.

Así que non vale perderse a estes artistas galegos nesta xeira por Londres.

No vídeo tedes a súa actuación.

Deixa un comentario

*