Compaña Irlanda

En Irlanda tamén hai Troula

Resulta que non estamos sós. En Irlanda, practicamente ao mesmo tempo ca nós, xurdiu tamén a través do Facebook un proxecto con obxectivos moi similares aos de Troula.

Chámase Compaña e “é un grupo para crear vencellos entre familias galegofalantes en Irlanda. O propósito do grupo é crear un espazo de comunicación, apoio e compaña onde as pequenas e pequenos poidan coñecer a outras/os cativos que falan galego na súa vida cotiá. Deste xeito poderanse crear amizades tanto entre os nenas/os como entre as nais e pais e compartir ideas, materiais, información e tamén organizar encontros para coñecerse en persoa celebrando a nosa lingua e culturas”.

Ogallá poidamos logo argallar algo xuntos e irmos de Troula en boa Compaña!

Leave a Comment


*