Lingua, PS3 e skate en Londres

Dani ten 12 anos e é un auténtico londoner: gústalle o skate, os videoxogos e, amais do inglés, a súa familia tamén elixiu que falase galego. Desa mestura marabillosa saíu este proxecto no que combina á perfección todas estas habilidades. Aquí tedes unha clase de skate, comentada en galego dende Londres por este mozo que simboliza a esperanza. Grazas Dani.

E amais Dani estalle ensinando galego a Jose, un compañeiro de clase, que está facendo progresos moi, moi rápido. Aquí tedes aos dous comentando outro vídeo do mesmo tema. Moitas grazas mozos.

Deixa un comentario

*