Este mércores é 21 de marzo, comezo da primavera e Día da poesía. O EDLG do CIFP Manuel Antonio de Vigo tivo a marabillosa idea de aproveitar esta efeméride para conmemorar o 90 aniversario da publicación do libro “De catro a catro” do poeta Manuel Antonio.
Unha das actividades que organizaron foi unha lectura colectiva dos 19 poemas do libro, na que colaboraron diferentes centros galegos, nacionais e internacionais, entre eles nós. Velaquí a lista de reprodución de todas as lecturas de todos os centros participantes.
CIFP Manuel Antonio de Vigo (Galicia) | CEG de Granada (Andalucía) | EOI de Ponferrada (Castela e León) | CEG de Zadar (Croacia) | IE Cañada Blanch de Londres (Reino Unido) | IES As Barxas de Moaña (Galicia) | CEG de Vitoria (País Vasco) | CEG de Budapest (Hungría) | CEG de Roma (Italia) | CEG de Cork (Irlanda) | CEG de Padua (Italia) | CEG de Varsovia (Polonia) | Ceg de Braga (Portugal) | IES Alexandre Bóveda de Vigo (Galicia) | IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Galicia) | CEG de Estremadura (Estremadura) | CEE López Navalón de Santiago de Compostela (Galicia) | IG Santiago Apóstol de Bos Aires (Argentina)
A nós tocounos ler un dos poemas máis emblemáticos, «Sós». A seleccionada polos organizadores foi a de Marta e Martina, alumnas de 3º ESO.
Claro que fixemos moitas outras propostas, que podedes consultar aquí.