No Open Day do centro tamén se falou galego

Hoxe foi o Open Day do IE Cañada Blanch de Londres. Moitas autoridades, moitas nais e moitos pais e, por suposto, moita rapazada. Entre as actividades programadas había un recitado de fábulas. Laura Porras, alumna de galego de 2ESO agasallounos coa da cigoña e a da raposa.

Microcréditos e ONGs, en galego, en Londres

E mañá o alumnado de 3ºESO terá unha sesión con Isaac Iglesias, un enxeñeiro e estadista que actualmente traballa para a hedge fund baritánica Capula. Con todo, hai uns anos estivo en Mozambique traballando para unha ONG no tema dos controvertidos microcréditos para países en vías de desenvolvemento. Falaremos diso e tamén da importancia e … Ler máis…

A visión artificial, en galego, en Londres

Mañá o alumnado de 1ESO de galego do IE Cañada Blanch de Londres recibirá na aula ao enxeñeiro informático coruñés Brais Cancela Barizo que nestes momentos está a realizar o seus traballos de investigación an Queen Mary University. Desenvolverá un dos temás máis actuais no eido dixital, o da visión artificial. Daquela mañá contarémosvos canto … Ler máis…