A ópera tamén, en galego, en Londres.

Mañá pecharemos as actividades deste trimestre cunha actividade moi especial: un concerto didáctico da soprano londoner de Oleiros, Lorena Paz Nieto da Guildhall School; estará acompañada ao piano, neste caso por un de Culleredo, Federico Mosquera. Escoitaremos a Lorena interpretrar obras de Villa-Lobos, Wolf ou Donizetti. Dende logo todo un luxo que podedes comprobar nesta … Ler máis…

Fotografía en hospitais, en galego, en Londres

E mañá nas aulas de 1ESO recibiremos a un vigués de Londres, Carlos Gómez, que decidiu mudar un pouco a súa faceta profesional cara a fotografía clínica. Mañá falaranos dese proceso de conversión e especialización así como dun montón de anécdotas e historias profesionais.E a microentrevista de Andrea e Ángeles

Psiquiatría e adolescencia, en galego, en Londres

Nas aulas de galego de 3ESO de mañá contaremos cun doutor formado na USC e na actualidade traballando na área de saúde mental do hospital South West London: o coruñés Javier López Moríñigo. Neste caso, achegaranos moita información sobre os principais problemas que, na actualidade, afectan aos/ás adolescentes. E velaquí a microentrevista.