Danza moderna no Cañada: «Emigrantas»

?? Hoxe o alumnado de galego do Cañada tivo hoxe a oportunidade de asistir á función de danza Emigrantas, unha coprodución de Kirenia Danza e do Centro Coreográfico Galego.

? A peza Emigrantas representa en escena a última ola migratoria debida á crise. Na pasada década, 47.105 persoas de entre 20 e 39 anos abandonaron Galicia buscando contextos laborais máis favorables. Nesta peza báilanse datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades realicionadas sobre a emigración e o retorno da última diáspora galega.

? O alumnado conectou coa danza contemporánea cos bailaríns David Loira e Esther Latorre
?️ O coloquio coa coreógrafa Kirenia Martínez e con Branca Novoneyra foi moi participativo.

Galego en Londres en “A vivir que son dos días”

?️ Hoxe saímos na Cadena SER, no programa “A Vivir que son dos días▶️

Dous millóns de oíntes da radio española saben xa que en Londres nun recuncho de Portobello o alumnado do cole español mantén ou aprende o galego.

¡Grazas, Javier del Pino e Daniel Sousa, por acollernos no voso programa! ?


Tedes aquí a reportaxe completa ?
El instituto de Londres que enseña gallego a españoles y extranjeros (aquí en pdf, aquí web, aquí audio), ‘A vivir que son dos días’ da Cadena Ser (22/02/2020)