
?? Hoxe o alumnado de galego do Cañada tivo hoxe a oportunidade de asistir á función de danza Emigrantas, unha coprodución de Kirenia Danza e do Centro Coreográfico Galego.
? A peza Emigrantas representa en escena a última ola migratoria debida á crise. Na pasada década, 47.105 persoas de entre 20 e 39 anos abandonaron Galicia buscando contextos laborais máis favorables. Nesta peza báilanse datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades realicionadas sobre a emigración e o retorno da última diáspora galega.

