Esta semana a cativada máis pequerrecha que vén ás aulas de galego traballou moito. E ao final da clase agasalloume cun debuxo do que facían cada día da semana. Aquí tedes o nivel destes/destas artistazos/as de sete anos e que constitúen o futuro da nosa lingua.
Encántame ver como se traballa o galego na escola e moitísimo máis cando isto se fai lonxe de Terra. Meus Parabéns os pequerrechos e o equipo docente.
OS días da semana nos debuxos de nenos e nenas de sete anos, a música de Ugia Pedreira… o orgullo de ser, o amor pola nosa identidade. Sodes unha referencia brillante!!