A entrevista e as lecturas de O. Castro, matemática en Londres.

Olalla Castro é profesora e investigadora. Imparte matemáticas na City University de Londres. Hoxe estivo connosco contándonos a súa traxectoria vital e profesional que se inciou en Novelín, nas terras de O Incio, Lugo. Con ela percorremos as rúas de Monforte, de Compostela, Berlín, Lyon e, por suposto, Londres. E como agasallo deixounos unha excelente recomendación bibliográfica e unha lectura dun poema. Admitimos apostas. Cales credes que poden ser os seus gustos literarios? Concordan cos vosos?

Deixa un comentario

*