Desenvolvendo fármacos en Londres, en galego

Mañá 29 de maio (e dentro da Semana da Ciencia do programa Comenius) agardamos a visita dunha investigadora galega en Londres: Isabel Pérez Castro. Despois de estudar Química en Ourense e Compostela, onde se doutorou en química orgánica, pasou unha temporada en Cambridge traballando na síntese e deseño de compostos químicos que puidesen tratar a tuberculose. Na actualidade, realiza as súas investigacións na elaboración de fármacos que ataquen o cancro de pulmón na School of Biological and Chemical Sciences da Queen Mary University. Daquela unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man todo o proceso de desenvolmento de fármacos en laboratorio.

E agora a microentrevista de Dani:

Deixa un comentario

*