#DíadeRosalía 2024

O venres 23 de febreiro, celebramos no IEVC o Día de Rosalía de Castro. O alumnado de galego de Secundaria fixo unha presentación, un crebacabezas e bailou con poemas musicados co alumnado de Infantil. O alumnado de Primaria traballou cunha xincana sobre a autora, elaborou marcapáxinas con poemas, chapas e fotomontaxes sobre a autora galega máis universal.

Deixa un comentario

*