Dos arquivos do trasno

Dos Arquivos do Trasno é unha recopilación de contos escritos por Rafael Dieste. Esta recopilación consta de 20 contos, nos que a historia de cada un é totalmente diferente. Con todo, os personaxes, que son a peza clave para contar os contos, sempre teñen algunha característica en común. Todos os personaxes sofren a presenza da morte, a nostalxia, a emigración pero sobre todo vense envoltos en acontecementos misteriosos. O que máis me gustou dos contos foi que podes sentirte identificado con algúns dos relatos, xa que tratan de feitos reais pero tamén xoga co poder da mente humana, é dicir, de como ás veces podemos crer ou ver cousas onde non as hai. Como por exemplo, nun dos contos, A luz en silencio o protagonista chega a ver unha sombra creada pola luz dun cirio, e cre ver a sombra dunha persoa que o agarda.

Neste enlace podedes atopar máis información sobre o autor e as súas obras.

Deixa un comentario

*