Obradoiro de música tradicional

E o mesmo venres 17 de outubro imos facer un 2 por 1 xa que a investigadora química da Universidade de Cambridge Sara Abalde Cela tamén vai participar nun obradoiro de música tradicional co alumnado de galego de 1ESO. E é que amais da súa vertente científica esta viguesa integrou durante moito tempo unha das ecolas de música máis prestixiosas de Galicia, Fiadeiro de Vigo. E isto posibilitoulle incluso dedicarse á docencia de pandeireta ou de canto e integrar grupos como Grialia, Lagharteiras ou Abóbriga. Daquela que ben o imos pasar…
E aquí unha mostra:
 

Deixa un comentario

*