Roteiro con Xesús Fraga

Polos lugares emblemáticos de Virtudes (e misterios).

O domingo 23 de abril ás 12:00 h.

Acompáñanos nunha aventura literaria única con Xesús Fraga, o autor da premiada VIRTUDES (e misterios). No Día do Libro 2023, Fraga guiaranos polas rúas de Londres facendo un percorrido por lugares emblemáticos da súa novela máis recente (Premio Nacional de Narrativa 2021).

Ás 12:00 horas comezaremos un roteiro de 5 quilómetros: dende a estación de metro de Earl’s Court (na saída sur) ata a Round Pond de Kensington Gardens teremos o privilexio de escoitar anécdotas e reflexións de Xesús sobre a súa obra, ao tempo que descubrimos xoias ocultas do panorama literario londiniense.

Duración aproximada de 3 horas.

Esta é unha rara oportunidade de escoitar en Londres a unha das voces máis célebres da literatura galega contemporánea.

O roteiro con Xesús Fraga é gratuíto, pero con reserva.

Non perdas este paseo emocionanto polas páxinas de VIRTUDES (e misterios) con Xesús Fraga, un dos grandes referentes da nosa literatura actual!

Xesús naceu en Londres, pero dende moi neno viviu na Coruña, e logo en Betanzos. Estudou xornalismo en Salamanca e traballa desde hai moitos anos en La Voz de Galicia. Entre as súas obras destacan títulos de literatura infanto-xuvenil como O elefante branco e Reo e narrativa adulta como Tute para catro, A-Z, Solimán e VIRTUDES (e misterios).

Unha das súas afeccións é o mundo da cociña, sobre a que publicou 50 receitas con amoras e outros froitos silvestres. Como tradutor trouxo para o galego libros como Lolita, de Vladimir Nabokov, ou Arthur & George, de Julian Barnes.

Reserva de praza
https://www.eventbrite.co.uk/e/roteiro-con-xesus-fraga-polo-londres-de-virtudes-e-misterios-tickets-616667126977

Deixa un comentario

*