Tristes Armas: Marina Mayoral

Tristes Armas. Un día de outono dúas rapazas, Rosa e Harmonia saen do orfanato para coller un barco que as levará a Rusia, debido ao perigro que corrían pola Guerra Civil. No porto despedíronse do seu pai Miguel pero a nai  Carmiña non chegou a tempo. No barco ían moitos rapaces na mesma situación ca elas. Harmonia decatouse e fixouse nun rapaz, no único que non estaba chorando pero ela non tivo o valor de falarlle. Chegaron ao seu destino, a Leningrado. Alí  tiñan unha casa, escola e unha coidadora María do Mar. O primeiro que fixeron no primeiro día na escola foi escribirlle unha carta aos seus pais para saber como estaban. As cartas non chegaron ás súas familias  ata un longo período de tempo debido a que as cartas non podían cruzar as fronteiras. Os anos pasaron e Miguel morreu, caeu na Batalla do Ebro.Carmiña viu que perdían a guerra e decidiu marchar para Francia. Alí non se sentía cómoda e decidiu cambiar de vida e planteouse a idea de ir vivir a Arxentina. Alí coñeceu a un home de negocios con que casou.
Harmonía e Rosa seguían na escola e vivindo con moitos rapaces. Cando un día a mestra preguntou aos alumnos que era o que querían facer no futuro,  Rosa contestou que quería ser bailarina. Ese era o seu soño desde pequena. A mestra axudouna para poder cumprir o seu desexo e inscribiuna para a mellor escola de danza. Aceptárona e foi estudar á escola de Bolshoi, a escola de danza máis famosa de Rusia. Sen embargo, Harmonía quedouse na escola cos outros rapaces e empezou a levarse ben con León, aquel rapaz  que viu no barco. A Harmonia dáballe vergoña dicirlle a León que lle parecía guapo e simpático e un día  León dixolle que a el lle gustaba Rosa pero tamén ela e xa que Rosa marchaba podían estar xuntos e así foi, acabaron xuntos e casaron.
Cando acabou a guerra, volveron a Galicia e alí viviron Rosa, Harmonía e León e os seus fillos. Un día chegou a carta ao seu destino. Nela Harmonía mostraba os seus sentimentos máis profundos e gardárona como recordo do mal que se pode pasar en tempos de guerra.
O libro gustoume porque gústanme libros que tratan sobre cartas ou diarios e o misteriode saber se alguén algún día os lerá.

Deixa un comentario

*