5 anos mantendo o vínculo con Galicia

En setembro do 2015 chegaba a Londres ilusionada co comezo das clases de galego no IE Cañada Blanch. Cinco anos despois toca poñerlle o albaroque a esta fermosa etapa en Londres. Foron moitas as actividades, as colaboracións culturais, as emocións, as saídas e viaxes… vividas na área de galego do IE Cañada Blanch a carón dun alumnado fantástico e sempre colaborativo e fiel.

Agora toca lembrar o xa feito, e será cunha SERIE DE VÍDEOS que pretenden sintetizar o traballo feito nestes últimos 5 ANOS na área de galego do Cañada Blanch.

VÍDEO 1 de 7 Nestes anos tiven a sorte de ver medrar os meus rapaces, de ver como o facían sen esqueceren de onde veñen, de manter vivo o contacto coa nosa terra e coas nosa xentes. Foron 5 anos MANTENDO O VÍNCULO e FACENDO AMIGOS. Isto, sen ser exhaustivo, é o que pretende amosar este primeiro vídeo da serie. ?

Unha aperta e agradecementos infinitos a todos os que desde a comunidade escolar e social galega contribuíron a este propósito ??

Deixa un comentario

*