A esmorga

Ciclo #GaliciaéCine

O filme de Ignacio Vilar, baseado na novela de Eduardo Blanco Amor “A Esmorga”, estrea este sábado 14 de outubro o ciclo #GaliciaéCine en Londres.

Ás 18:00h no salón de actos do IE Vicente Cañada Blanch

“Galicia é cine” é un proxecto audiovisual da Fundación Araguaney que conta co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo difundir o audiovisual galego entre as colectividades galegas no exterior e nos países onde se localizan, “amosando a tradición e a vangarda do noso cine”.

Sinopse:
“Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van pechando portas tras deles e tirando as chaves coma se non quixesen volver e camiñasen adrede cara á súa perdición”.

Programa completo:
https://i.gal/lY9KP

Deixa un comentario

*