A autora estará no IE Cañada Blanch o xoves 15 de xuño ás 16:15 horas.
Marilar é narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. O xurado do Premio Nacional de Narrativa 2022 destacou a súa obra ‘As malas mulleres’ (Galaxia), “pola orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carceraria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe”
“A autora pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais”, subliñou ademais a resolución do xurado do galardón.
“A obra recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral”.
Encontro literario coa autora o 15 de xuño ás 16:15 no Instituto Español Vicente Cañada Blanch – 317 Portobello Road, W10 5SA Londres
Entrada libre ata completar aforo