Ons

Ciclo #GaliciaéCine

O sábado 11 de novembro, poderemos ver a película gañadora de nove premios Mestre Mateo en 2021, Ons, dirixida por Alfonso Zarauza. Será ás 18:00h no salón de actos do IE Vicente Cañada Blanch.

Sinopse:
Tras sufrir unha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega, xunto coa súa muller Mariña, a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente e pídelle á súa muller prolongar a estancia e pasar o outono alí. Cada día vaise sentindo mellor ata que, tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento, xa nada volverá ser o que era.

Deixa un comentario

*